O ESCORNABOIS EN GALICIA. Aproximación ao coñecemento da nosa relación histórica e lingüística coa especie. ©Pablo Torrella (2019)
Esta enquisa forma parte dun traballo que servirá para coñecer a nosa relación xeográfica, histórica e lingüística co escornabois (tamén coñecido en galego entre outros nomes como "vacaloura"; en castelán: "ciervo volante").

Cos seus resultados, pretendo achegar ao coñecemento popular que se ten desta especie en Galicia, pois as historias transmitidas oralmente forman parte do noso patrimonio inmaterial e cómpre recuperar este tipo de información para que non quede esquecida nin se perda.

Por favor, se vostede coñece este tipo de historias relacionadas co escornabois, agradecemos que as comparta, pois formará parte do traballo resultante. Se vostede o considera, poderá quedar recollido o seu aporte no correspondente apartado de "Colaboracións" (se é así, indique un nome e un apelido logo de cubrir as preguntas 7 e 8).

A enquisa consta dun total de 17 preguntas. É totalmente anónima, aínda que por cuestións concluíntes, haberá algunhas preguntas relacionadas co lugar e localidade de orixe dos seus comentarios, así como sobre a súa idade aproximada ou o seu sexo, únicamente co fin de segregar as diferentes opinións en relación a estes datos.

Aínda que a enquisa está pensada para que non dure máis de 3 minutos, pregamos se tome o seu tempo e conteste ás preguntas con tranquilidade.

Non se trata dun traballo dirixido a realizar ningún tipo de denuncia nin protección directa da especie obxecto do estudo.

Os datos resultantes, formarán parte dun traballo sobre a nosa relación histórica coa especie.

De querer completar ou participar en maior medida coa súa colaboración, ao final da enquisa figura o nome do administrador/autor e o contacto electrónico ao que dirixir para calquera dúbida.

Moitas grazas pola súa participación. Sen dúbida, servirá para coñecer mellor a nosa relación con esta singular especie.

1.- Sinale cal considera un escornabois (pode sinalar varias imaxes) *
Required
2.- Atopa escornabois durante os seus paseos? *
Se polo xeral atopa ou atopou algún escornabois. Ben na zona onde vostede habitualmente reside, ou ben nas zonas polas que vostede pasea, camiña, percorre, fai algunha ruta...
Required
3.- Podería indicar os meses do ano nos que os soe atopar? (Pode sinalar varios) *
Sinale o mes ou os meses nos que ten atopado escornabois. Pode sinalar varias opcións. Se non lembra exactamente o mes, probe a facer memoria con datas nas que vostede estivo de vacacións ou pasou tempadas nalgún lugar (Nadal ou verán nalgún lugar concreto, con amigos, coa familia, unha viaxe, etc).
Required
4.- Podería indicar o momento do día no que soe atopar os escornabois? *
Cando vostede polo xeral os atopa. Se considera que é a diversas horas, sinale a opción "A calquera hora do día".
Required
5.- Vostede considera que os escornabois SE ALIMENTAN DE: *
Que pensa vostede que comen os escornabois
Required
6.- Coñece algún outro nome galego co que chamar ao escornabois? (Tan só indique o nome polo que o coñece; se é "NON", escriba "NON"). *
7.- Lembra facer algo (ou que lle contaran que se facía) cos escornabois na infancia? Algún xogo, travesura... Se é "NON", por favor tamén indíqueo *
Hai aldeas e lugares onde era habitual facer algún xogo con eles. Por favor, se coñece algún, indíqueo e descríbao o mellor que poida. Non teña medo de dar a sensación de brutalidade na súa descrición, pois somos coñecedores de que non sempre saía ben parado o animal. Se é "NON", deberá indicalo para poder continuar.
8.- Escoitou algunha historia dos escornabois por parte doutras persoas ou de xente maior? (Se é "SI", por favor indíquea; se é "NON", escriba "NON") *
As historias transmitidas oralmente, forman parte do noso patrimonio inmaterial e cómpre recuperar este tipo de información para que non quede esquecida nin se perda. Por favor, se vostede coñece este tipo de historias relacionadas cos escornabois, agradecemos que a comparta, pois formará parte do traballo resultante. (Nº máx. de caracteres: 600. Se precisa contactar para compartir máis información, por favor fágao no enderezo electrónico que figura ao final deste formulario). Lembre que se a resposta é "NON", tamén deberá escribir "NON". Gracias pola súa participación.
9.- Considera que son perigosos? (Para nós) *
Required
10.- Pensa que a súa presenza pode traer mala sorte? *
Required
11.- Se contestou "SI" ao feito de que a súa presenza pode traer mala sorte, podería indicar que tipo de mala sorte ocasiona a súa presenza? (Se é "NON", indique "NON") *
12.- Matou algunha vez algún escornabois? *
Required
13.- Se atopase un escornabois na estrada, con posibilidade de morrer este atropelado, como reaccionaría? *
Required
14.- Vostede ten contacto co campo? *
Required
15.- Vostede escoitou a súa historia na seguinte provincia: *
Por favor, marque a provincia de onde vostede coñece as historias ou comentarios sobre o escornabois, ou indique a opción "Nunca escoitei historias do escornabois"
Required
16.- Vostede escoitou a súa historia no seguinte concello *
Por favor, indique o concello de onde vostede coñece as historias ou comentarios sobre o escornabois. Fágao dun modo doado e sen complicacións, evitando nomes de parroquias e de lugares (indique só o concello). Se pola contra nunca escoitou historias sobre o escornabois, indique simplemente NINGÚN.
17.- A súa idade está entre os: *
Required
18.- Xa rematamos... Vostede é *
Required
MOITAS GRACIAS POLA SÚA COLABORACIÓN
A SÚA COLABORACIÓN SERVIRÁ PARA COÑECER MÁIS A NOSA RELACIÓN CON ESTE ANIMAL.

Este documento foi recollido no Rexistro da Propiedade Intelectual con data de quince de xullo de dous mil dezanove.
(Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia).
 
®Pablo Torrella (2019)
Contacto: enquisalucanidae@gmail.com
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy