Convocatoria de anfitrioas para o Delas Fest en Ames
Esta convocatoria ten por obxecto atopar a persoas e colectivos que queiran actuar como anfitrioas da artista que realizará a intervención en Ames no marco do Delas Fest, festival feminista de arte urbana e contextual.

A liña temática da creadora convidada está moi vinculada á natureza polo que, ademais de anfitrioas feministas, buscamos a persoas que conten con información e/ou saiban historias vinculadas á flora autóctona do concello.

Para participar, é preciso ser ou vivir en Ames e participar activamente nos dous encontros:
-Encontro virtual: venres 11 de xuño, de 20:00 a 21:00h  (a través de Zoom)
-Encontro presencial: luns 12 de xullo (horario de tarde, por concretar)

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome *
Apelidos *
Data de nacemento *
DNI *
Concello de residencia *
Teléfono *
Correo electrónico *
Tes dispoñibilidade para participar no encontro virtual do venres 11 de xuño de 20:00h a 21:00h? *
Tes dispoñibilidade para participar no encontro presencial do luns 12 de xullo (horario de tarde, por concretar)? *
Por que queres ser anfitrioa? Explícanos de forma breve cal ou cales son as túas motivacións. *
Cal é a túa posición respecto ao feminismo? *
Formas parte dalgunha entidade, asociación ou iniciativa colectiva? En caso de que si, indica o seu nome.
Cal é a túa relación co concello de Ames? *
Tes coñecemento sobre a flora da zona? En caso de que si, explica a túa vinculación coa temática. *
Coñeces historias ou lendas de Ames relativas ao emprego místico ou medicinal das plantas? De tela, sinala brevemente cal é. *
Tes información sobre mulleres de Ames que tiveran ou teñan oficios vinculados á herboloxía, á xardinaría, ao curandeirismo ou ao coidado da terra? *
Lei de protección de datos *
Conforme á lexislación vixente en materia de protección de datos, en particular o Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, trataremos os datos de carácter persoal coa única finalidade de prestar os servizos convidos, comunicarnos contigo e enviar información sobre as nosas actividades. O responsable do tratamento é 7H sociedade cooperativa galega. Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, oposición, cancelación, portabilidade e limitación do tratamento dos teus datos persoais solicitándoo por correo electrónico á dirección 7hcoop@7hcoop.gal. A base legal para este tratamento é o consentimento explícito, que poderás retirar en calquera momento.  
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy