INSCRICIÓN OBRADOIRO SALÓN DES REFUSÉS
IMPARTE:
Ana Esmith
DIRIXIDO A:
Aberto para artistas, actrices, actores, directoras/es  e calquera que utilice a súa persoa no proceso creativo.
NÚMERO: 10 persoas e 2 oíntes
A admisión será por orde de inscrición.Terán preferencia os que non asistiron ao curso de 2021
Unha vez rematado o prazo de inscrición comunicarase a listaxe de admitid@s e a matrícula será efectiva logo de realizar o pago mediante transferencia bancaria do 25 ao 30 de xuño.
LUGAR:
CAPELA DO HOSPITAL, CANGAS
HORARIO:
Luns, 04 Xullo 2022 16:00 | Martes, 05 Xullo 2022 16:00 | Mércores, 06 Xullo 2022 16:00
DURACIÓN: 15 HORAS
Este Salón dos Rexeitados abrirá ao público o mércores 6 de xullo ás 21:00H

PREZO MATRÍCULA: 70€
PRAZO DE MATRÍCULA:
INICIO: LUNS 13 DE XUÑO ÁS 00:00H
FIN: XOVES 23 DE XUÑO ÁS 14:00H


Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome *
Apelidos *
MAIL *
TELÉFONO *
OBSERVACIÓNS
 SALÓN DES REFUSÉS                                                                                                                   Lonxe do fracaso, preparadas para o éxito, somos persoas rápidas, astutas, intelixentes, seguras, boas, simpáticas, divertidas, falamos e colocámonos corporalmente ben, sabemos de máis, facémolo demasiado ben. Obradoiro aberto a artistas, intérpretes e a quen utilice a súa persoa no proceso creativo, no que imos experimentar co fracaso, con todas esas veces que nos dixeron que non. Seredes protagonistas do noso propio SALON DE REFUSES, Proponse o xogo como ferramenta para a busca individual cara a propia descuberta, un espazo para que cada quen indague, descubra e poida achegarse a aquilo que xa ten. Se queres arriscar, xogar cos teus erros aproveitándote das túas imperfeccións e afondar máis na TÚA implicación coa TÚA obra, BIENVENUE.                                                                                                                                                               ANA ESMITH. LICENCIADA EN XORNALISMO POLA UCM. DIPLOMADA EN ARTE DRAMÁTICA, ESCOLA PHILIPPE GAULIER, EN LONDRES. A súa formación xornalística e artística únense na performance con Miss Beige, primeira exploración nun traballo non verbal. Un proxecto multiforme que nace en resposta á falta de heroínas femininas non sexualizadas nin cosificadas no imaxinario colectivo. Utiliza o monocromo do "beige", unha cor aséptica coa que critica a obsesión polo retoque, os filtros e os mecanismos de autoengano que ofertan os nosos dispositivos e aplicacións de imaxes.Miss Beige constrúese a si mesma a través de imaxes onde se presenta como suxeito e obxecto ou, se se prefire, artista e modelo, un xogo nada novo dentro das prácticas performativas desde comezos do século XX e ao que se acolleron, tamén, as prácticas artísticas feministas.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy