Paseo de bicis antigas - A Coruña
O paseo de bicis antigas é un evento de ciclismo retro, sendo o único requisito para participar que a túa bici sexa anterior a 1995. Trátase dun curto paseo, inferior a 10 kilómetros e dun nivel de dificultade baixo, sen apenas desnivel acumulado. O importante é, fundamentalmente, pasalo ben con boa compaña e rodando nas nosas bicis antigas e clásicas.
Celebrarase o domingo 18 de outubro, partindo ás 12:00h dende a Torre de Hércules. Faremos un percorrido polo paseo marítimo da Coruña e, entre medias do paseo, faremos un picnic, polo que se recomenda que cada persoa traia algo de comida para compartir.
Todo tipo de bicis son permitidas, sempre e cando teñan máis de 25 anos: estrada, paseo, BTT, randonneur, cicloturista, bicicross...
En canto á inscrición, este formulario non é exactamente unha inscrición, senón que servirá para sabermos sobre cantas persoas poderemos ser de forma aproximada, polo que agradecemos que o cubras se cres que vas participar. E, por último e non menos importante, é un evento totalmente gratuíto!
* Os datos de carácter persoal aportados no presente formulario serán tratados en base á Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; UNICAMENTE podendo ser empregados os datos de contacto para informar sobre o desenvolvemento do evento.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome e apelidos *
Teléfono
Correo electrónico
De que concello virás?
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy