ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS, ESCOLAS CULTURAIS CONVENIADAS e OUTRAS ACTIVIDADES
NORMAS FUNCIONAMENTO

Todas as cuestións relacionadas co  funcionamento das Escolas (suxestións, queixas…) tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnica/os Municipais da área correspondente a través do teléfono, correo electrónico ou cita previa.
 
Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia prevista.

No caso de non acharse ben ou ter febre non deberán acudir ás actividades, avisando de tal circunstancia no telefono do pavillón 981468562.
   
O abono das mensualidades efectuarase por domiciliación bancaria (os recibos emitiranse entre o 1 e o 10 de cada mes) ou por transferencia bancaria na conta de ABANCA ES75 2080 0211 6131 1000 0055. As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática na Escola. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa nunha escola haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso, para evitar problemas ca xestión dos pagamentos. Por esa razón, as devolucións dos recibos supoñen un custe que será aboado polo/a usuario/a que o xenerara.
 
Aqueles usuarios/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha escola do curso anterior, deberán efectuar o seu pago. O incumprimento desta norma anula o dereito a inscrición na presente edición.

As escolas interrompirán o seu funcionamento nos períodos de vacacións escolares así como nas datas sinaladas no calendario como festivas.
 
É responsabilidade de cada usuario/a a aptitude física necesaria para participar nas actividades convocadas, polo que o Concello de Ares non se fará cargo de ningún dano físico ou moral que poida derivarse da participación nas mesmas.
 
O Concello resérvase o dereito de anular unha actividade por non ter o número suficiente de participantes ( estímarase un mínimo según a actividade e o espazo da mesma) para que dea comezo e/ou continúe unha Escola ) e de facer todas as modificacións que estime oportunas, para o bo funcionamento das mesmas.
 
Para máis información e inscricións viistar a web www.concellodeares.com ou contactar a través do correo electrónico: cultura@concellodeares.com / pavillonares@sedega.com

INSCRICIÓNS

ESCOLAS  CULTURAIS  2021-2022: Do 1 de outubro ao 31 de maio de 2022.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
1. En liña a través da web municipal do Concello de Ares
WEB: www.concellodeares.com
2. No Pavillón Deportivo Municipal, de luns a venres,  en horario de 9,30 a 12 horas e de 17 a 20,30 horas.
EMPADROAD@S: Do 20 de setembro en adiante ata completar grupos.
NON EMPADROAD@S: Do 24 de setembro en adiante, ata completar grupos.

PAGO DE MATRÍCULA E MENSUALIDADE::
Unha vez sexa confirmada a praza polo Servizo de Cultura.
DO 1 A0 10 DE CADA MES.

DOCUMENTOS:
1. Formulario de inscrición en liña.
2. Formulario de inscrición, fotocopia do DNI ou da páxina do libro de familia, e cubrir formulario de  domiciliación bancaria.

PREZO DE MATRICULA:
9,57 €   empadroad@s en Ares
17,93 €  non empadroad@s 

DESCONTOS E EXENCIÓNS DE COTAS:
3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar; 50% na matrícula + 50% na cuota da escola de menor importe.
Familia numerosa: 50% na matrícula + 50%  en todas as escolas.
Familias carentes de recursos económicos (previa comprobación polos Servizos Sociais municipais) De balde.  

AUTORIZACIÓN DE IMAXES

A inscrición implica que o Concello poida difundir libremente a imaxe dos participantes nas actividades, sempre baixo unha utilización sen ánimo de lucro, co obxectivo de difundir e promocionar a programación municipal, intentando salvagardar a imaxe dos menores durante o seu funcionamento. Se non consinte a cesión dos dereitos de imaxe, pode facer a súa rectificación ou cancelación no correo electrónico deportes@concellodeares.com.

PROTECCIÓN DE DATOS

Seguindo o regulamento de protección datos persoais, as persoas solicitantes autorizan o  tratamento dos datos facilitados polo Concello de Ares só cos fins asociados á xestión deste formulario. As persoas solicitantes poder exercer os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación dirixíndose ao correo deportes@concellodeares.com ou vía postal a Av. Saavedra Meneses 12 15624, Ares. 

Sign in to Google to save your progress. Learn more
ESCOLAS CULTURAIS 2021-22
DATOS XERAIS DO SOLICITANTE
Nome e Apelidos *
DNI
Data nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Idade *
Enderezo *
Localidade *
Código postal *
Empadroado *
Teléfono *
Correo electrónico *
Solicitante menor de idade *
DATOS AUTORIZACIÓN MENORES
Cumprimentar só se o solicitante é menor de idade
Nome e apelidos de quen autoriza
DNI de quen autoriza
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy