CURSO DE INTRODUCIÓN AO QGIS
Programa de Sistema de Información Xeográfica de software libre aplicado a estudos de campo e inventarios de fauna e flora.

Actividade organizada pola delegación de Ferrol da SGHN e financiada pola Deputación da Coruña.

Imaxe interface QGIS: Tobias1984 - Obra propia, CC BY-SA 3.0
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
INFORMACIÓN SOBRE O CURSO
Lugar: Salón de actos do Museo de Historia Natural (Ferrol, A Coruña).

Datas: Sábado 7 e domingo 8 de maio de 2022.

Horario: De 09:30 a 14:00. Total= 9 horas.

Imparte: Francisco A. Conde González http://linkedin.com/in/facondegonzalez

Prazas limitadas: Máx. 10 persoas.

Prezo: Gratuíto, financiado pola Deputación da Coruña.

Inscricións: A través deste cuestionario.
TEMARIO
Tema 1: Presentación da interfaz gráfica de QGIS: menús e barras de ferramentas.

Tema 2: Exercicios con datos vectoriais: edición, simboloxía e etiquetado.

Tema 3: Inventario de fauna e flora mediante QGIS: consultas de datos e deseño de mostraxe.

Tema 4: Xestión cartográfica de datos de campo con QGIS, Qfield (Android) e Input (iOS).

Tema 5: Exercicios con mapas: representación de niveis de riqueza de especies.
REQUISITOS IMPORTANTES
Cada participante no curso deberá TRAER O SEU PORTÁTIL CO CORRESPONDENTE CARGADOR.

É necesario ter instalado QGIS antes de comezar o curso. Antes do inicio do mesmo enviarase a cada participante instrucións para a instalación do programa.

No curso empregaremos a última versión estable de QGIS (actualmente é a versión 3.22).

Non é necesario ter coñecementos previos en QGIS.
INSCRICIÓNS: Unicamente para 10 prazas!
INSCRICIÓN (actividade gratuíta, financiada pola Deputación da Coruña)
APELIDOS: *
NOME COMPLETO: *
DNI/NIF (coa letra): *
TELÉFONO DE CONTACTO (por se houbera que contactar contigo): *
Formas parte da SGHN? *
Required
Como soubeches desta actividade? *
Required
IMPORTANTE: Ao ser só dez (10) as prazas dispoñibles, as persoas interesadas que logren praza serán informadas entre o martes 3 e o venres 6 por correo electrónico ou teléfono. A orde nas inscricións virá marcada pola orde cronolóxica das solicitudes. Haberá listaxe de reserva, pero esta non garante a inscrición posterior. No caso de non poder asistir algunha das persoas finalmente inscritas, pregamos informe canto antes á SGHN da súa imposibilidade, pois procederemos daquela a intentar localizar por teléfono á seguinte persoa que estea na listaxe de reserva. Se nos resultase imposible contactar con ela, contactaremos coa seguinte anotada na devandita listaxe.  CO FEITO DE PARTICIPAR NESTE CUESTIONARIO ESTÁS A ACEPTAR AS NOSAS BASES.
INFORMACIÓN SOBRE OS DATOS AQUÍ RECOLLIDOS
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) informa das seguintes consideracións:
O responsable do tratamento é a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), con CIF: G15037211 e domicilio en Avda. de Vilagarcia nº 2. Entreplanta C. 15706 Santiago de Compostela. Apartado de Correos nº 330. 15780 Santiago de Compostela (A Coruña).
Os datos de carácter persoal achegados neste formulario serán incluídos nun ficheiro titularidade da Sociedade Galega de Historia Natural, cuxa finalidade é xestionar as actividades levadas a cabo pola nosa organización. A base xurídica do devandito tratamento é o consentimento da persoa interesada. Os datos solicitados son imprescindibles para o correcto desenvolvemento da actividade, e serán eliminados así que finalice a mesma de solicitalo o usuario. Para a recompilación e tratamento dos datos achegados úsase a plataforma Google Apps for nom profits, que pode envialos temporalmente a servidores fóra do espazo da Unión Europea. Os datos recollidos son almacenados baixo a confidencialidade e as medidas de seguridade legalmente establecidas, e soamente serán cedidos e compartidos con entidades alleas á Sociedade Galega de Historia Natural cando sexa necesario para o correcto desenvolvemento das actividades, con arranxo ao reflectido na citada normativa. Co envío do presente formulario, vostede autoriza a cesión e o uso dos seus datos segundo os medios e para os fins indicados.
Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación do tratamento e portabilidade entregando escrito de comunicación na Sociedade Galega de Historia Natural no enderezo anteriormente indicado. Dita comunicación deberá incluír o nome e ambos apelidos, petición concreta da solicitude, enderezo a efectos de notificacións, data, sinatura e fotocopia do DNI ou pasaporte. Igualmente, nos casos previstos pola normativa vixente, poderá  presentar a correspondente reclamación perante a Agencia Española de Protección de Datos (https://www.aepd.es/).
Para máis información sobre a política de protección de datos da SGHN pode consultar na seguinte ligazón https://sghn.org/recursos/lexislacion/politica-de-privacidade/. En caso de calquera dúbida sobre a mesma, pode poñerse en contacto connosco no noso enderezo postal, a través do teléfono 881931315 ou no e-mail sghn@sghn.org.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy