Coma os pasados anos desexamos organizar unhas actividades extraescolares que respondan as necesidades das familias á vez que temos en conta os intereses do alumnado. É por isto que a oferta que se presenta sempre se fai pensando en ambos axentes, fieis a educación integral, valorando a diversidade e tratando de adaptarnos a evolución da sociedade.
Polo ben de todos solicítase aos usuarios/as deste servizo que fagan unha previsión das actividades que desexan para os seus fillos/as de maneira que así exista unha maior cantidade de grupos e podamos manter toda a oferta de actividades xa que repercutirá no ben de todas as nenas/os.
Dirección das actividades extraescolares: CEIP Isidro Parga Pondal, Rúa do Saber, Oleiros (A Coruña).
Ponte en contacto con nós no: (34) 681002182 ou escribe a
actividades@anpabidueiro.esCONDICIÓNS XERAIS E REQUISITOS DE ADMISIÓN
Inscricións online a partir do 17/06/2022.
O prazo estará aberto mentres non se agoten as prazas dispoñibles (inscricións posteriores ao día 9 de setembro serán para comezar no mes de outubro).
A data de inicio das actividades extraescolares é o 12/09/2021 (O inicio das actividades extraescolares para o alumnado de 4º de Educación Infantil será cando remate o periodo de adaptación, o 19/09/2021).
Dirixido a todo o alumnado das etapas de Educación Infantil e Primaria. Tratarase de agrupar os educandos por idades o máis próximas posibles.
Prezos por actividade:
- 4 actividades: Socios (50€)
Non socios (70€)
- 3 actividades: Socios (40€)
Non socios (60€)
- 2 actividades: Socios (30€)
Non socios (45€)
- 1 actividade: Socios (19€) Non socios (25€)
* 10% desconto 2º irmán e seguintes
* Na primeira cuota cobraránse 9€ dedicados ao seguro anual (obrigatorio).
*No caso de que non dispoñamos das instalacións do centro ou non teñamos o número mínimo de alumnado por grupo (8), é posible que non se realice a actividade. En calquera dos casos contactaremos coas familias para informar antes do inicio das clases ordinarias.
Insistirase na responsabilidade dos pais á hora de traer aos fillos/as. Neste sentido As Mariñas confía en que as familias cumpran coa súa obriga, en caso de que algunha familia incorra en algunha irresponsabilidade, As Mariñas non se pode facer responsable, xa que pola nosa parte executaremos todas as medidas indicadas polas autoridades competentes.
De igual xeito, a ANPA do CEIP Isidro Parga Pondal e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, non terán ningún tipo de responsabilidades, xa que non son organizadores destas actividades, a ANPA só fará de enlace entre As Mariñas e as familias asociadas, e a Xunta só deixa as súas instalacións, deste xeito o nivel da súa implicación nestas actividades é só de colaboración.