Durante o mes de abril poderás desfrutar dun curso formativo sobre
horta ecolóxica en Priegue, Avenida de Pablo Iglesias, 39 (Nigrán). O curso será en formato
presencial en tres sesións que contarán cunha parte teórica e outra
práctica. As sesións serán os días:
- Sábado 12 de abril de 11:00-14:00
- Sábado 26 de abril de
16:30-19:30
- Sábado 3 de maio de 11:00-14:00
Poderán asistir a calquera das sesións, aínda que recomendamos acudir a todas para aprender o máximos coñecementos.
Os contidos do curso son:
- A Agricultura ecolóxica
- Elementos clave para o deseño da horta
- Preparación do solo
- As plantas: calendario, sementeira, plantación e colleita
- Asociacións e rotacións de cultivos
- Fauna e flora na horta: aliados e control de plagas
- Remedios naturais
Se colaboraches na
campaña de microfinanciación o curso pode saírte
gratuíto:- Colaboradores na campaña con 150 euros, 100 % de desconto.
- Colaboradores con 75 euros, 50 % de desconto
- Colaboradores con 50 ou menos, 25 % de desconto.
Unha vez inscrito no curso enviaremos un correo electrónico de confirmación para, de ser o caso, efectuar o pago (40 euros ao día) e o desconto pertinente.
Os datos solicitados neste formulario serán utilizados para fins do curso unicamente (facturación, seguro e comunicación coa persoa interesada) estes datos NON serán almacenados para outros fins.
Ante calquera dúbida pódese poñer en contacto con nós a través do teléfono ou correo electrónico:
Raquel 667 73 66 45
cooperativa@somosterra.gal
Para facer efectiva a reserva é necesario:
Cubrir o seguinte formulario e realizar o ingreso polo importe total do campamento nos tres días laborables posteriores á formalización da inscripción. AGARDAR CONFIRMACIÓN. Para realizar o ingreso:
· Titular: SomosTerra S.Coop
· Nº de cuenta: ES90 3070 0045 1962 4427 2321
· Concepto: CURSO HORTA + NOME COMPLETO persoa participante