QUEDADA DE ENTRUIDOS
Desde o Concello estase organizando para o Domingo 11 unha quedada coa rapazada para recuperar o entruido de toda a vida. Vestirse co que hai pola casa e sair en grupo a facer de entruidos polas casas e rúas.
Dada a inestabilidade climatolóxica celebrarase o Domingo 11, o Luns 12 ou o Martes 13 segundo avance o pronóstico do tempo.

Se queres vir apúntate neste formulario para poder avisarte do día e hora definitivos!

Anímaste a recuperar un pouquiño desta tradición?

Os entruidos son unha figura tradicional do noso entroido. Grupos de rapaces e rapazas xuntábanse con roupa e accesorios que atopaban pola casa, con unha única premisa: que ninguén che recoñecera. E dispoñíanse a ir polas casas a pedir cartos, doces ou calquera cousa que se lles dera.

Ademáis, tiñan outras tradicións como "sinalar" ás casas das que non recibían ningún agasallo ou aos membros de outros grupos de rapaces que se atopaban de entruido pola vila.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome do partipante/s *
Idade/s *
Teléfono de contacto *
Tratamento de datos persoais
De conformidade co establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais LOPDGDD), infórmaselle que os datos de carácter persoal facilitados a través do presente formulario, así como a documentación achegada, serán incorporados ao correspondente rexistro de actividades de tratamento da área / departamento á cal vaia dirixida a presente solicitude. Os datos serán tratados de maneira confidencial e só serán cedidos a outras entidades cando se cumpran as esixencias establecidas na lexislación vixente de Protección de Datos. A presente instancia fundamenta o tratamento dos datos contidos nela no art. 6.1 c) o tratamento é necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento e/ou o art.6.1 e) do RXPD: "en cumprimento de misión realizada en interese público ou exercicio de poderes públicos" conferidos a este Concello. Os datos persoais conservaranse durante o prazo necesario para o cumprimento das obrigacións legais que deriven do mesmo. As persoas interesadas poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión e oposición, limitación do tratamento, portabilidade e dereito a non ser obxecto de decisións automatizadas nos termos previstos na precitada Lei, mediante comunicación escrita dirixida ao responsable do tratamento:  Concello de Corcubión con dirección en Praza José Carrera 1, 15130 Corcubión (A Coruña). Pode obter información máis detallada sobre o tratamento dos seus datos persoais a través do correo dpd@corcubion.gal
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy