SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR. CURSO 2020/21. CEIP A MAÍA
OBRIGATORIAMENTE ten que indicar unha conta de correo electrónico para facer esta solicitude, unha vez que a envíe, recibirá copia da mesma no correo indicado, que servirá de xustificante de tela solicitado.

Email *
1.1.- INSTRUCIÓNS
O seguinte formulario é un modelo de solicitude de praza de transporte escolar para o curso 2020/21.
- Cubra os datos de xeito claro. A solicitude chegará ao centro e vostede poderá recibir unha copia.
- Cubra só unha solicitude por FAMILIA.
- Presentar a solicitude non garantiza a praza no transporte.
- Cando deba escribir os apelidos e nome do alumnado o formato é, por exemplo: López López, Ana.
- Lembre que os niveis que se imparten no centro son: en Infantil 4ºEI, 5ºEI e 6ºEI; en Primaria 1ºEP, 2ºEP, 3ºEP, 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP.
1.2.- INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE
A situación xeral producida coa pandemia do COVID-19 pode supoñer a imposición de medidas de protección e seguridade impulsadas pola administración sanitaria, que determinen a aprobación pola consellería dun protocolo específico de protección e seguridade na apertura xeral dos centros de ensino e a incorporación ás actividades lectivas e complementarias dos escolares galegos para o curso 2020-2021.
 Así pois, a concesión de prazas ou a variación das mesmas,  poden resultar condicionadas polas medidas que, en materia de transporte escolar, estableza, no seu caso, o protocolo que dite a consellería.

1.3.- NORMATIVA APLICABLE
- LEI 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. (BOE, 31/07/87). Texto consolidado, 29 de setembro de 2018.
- REAL DECRETO 443/2001, do 27 de abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores. (BOE, 02/05/01). Modificado polo Real Decreto 894/2002, do 30 de agosto, (BOE, 31/08/02). Texto consolidado, última modificación: 5 de setembro de 2006.
- DECRETO 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG, 27/06/88). Modificado polo Decreto 342/1998, do 27 de novembro, (DOG, 03/12/98) e polo Decreto 65/2014, do 28 de maio,  (DOG, 10/06/14).
- INSTRUCIÓN 1/2020 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 8 DE XUÑO, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR NO CURSO ESCOLAR 2020-2021


Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy