Comunicado:  Erradicar as agresións machistas e a violencia social dos espazos sociais e culturais.
Non sempre é doado identificar e actuar fronte ás violencias machistas que nos rodean. En ocasións carecemos das ferramentas necesarias para analizalas, reflexionar sobre elas e actuar fronte ás mesmas. Atopámonos con realidades ante as que non sabemos ou non conseguimos actuar de forma eficaz. Ser feminista é un proceso de aprendizaxe permanente, individual e colectiva, que nos axuda a identificar as opresións e a combatelas, pero non temos sempre todas as respostas. Este escrito quere ser unha ferramenta colectiva para transitar un deses procesos para os que aínda non atopamos brúxula mais que precisamos, por nós e por todas, andar colectivamente.

Nun momento vital e político excepcional, no noso país e no mundo, reflexionamos sobre as nosas decisións e actuacións e queremos facer da autocrítica unha ferramenta para avanzar. Queremos facer o que debimos facer hai moito tempo, agora que reaprendemos e creamos ferramentas para abordar situacións como as que este texto vai explicar.

Nos últimos tempos múltiples procesos públicos analizaron a problemática das agresións machistas nos entornos de militancia/organización social, a necesidade non só de identificar as violencias e combatelas senón de facer publicamente un exercicio de clarificación e posta en común dos camiños que imos creando para transitar estes procesos tan complexos. Coñecemos a expulsión de militantes nas organizacións xuvenís, a dimisión en pleno de comisións feministas en organizacións políticas do independentismo ou, xa antes, a denuncia colectiva de agresións, traendo para o público aquelo que fica sempre no privado, e cremos que este camiño é o que tamén nós debemos percorrer, certas das súas dificuldades mais convencidas de que só así seremos quen de avanzar e achegar algo de reparación e aprendizaxe colectiva.

Cando nos enfrentamos á violencia machista, o máis habitual é que calquera relato de denuncia, pública ou privada, feito por unha muller sexa cuestionado e mesmo ignorado. Vivimos nunha sociedade machista en que aínda hoxe a denuncia da violencia machista é colocada en dúbida en canto se menciona. Sabemos que individual e colectivamente esta é a forma en que funcionamos mais tamén sabemos que até que non desmontemos esta idea de excepcionalidade da violencia non conseguiremos acabar con ela. O máis naturalizado é crer na existencia de violencia machista cando esta se dá lonxe dos nosos espazos privados ou de socialización, mais canto máis próxima sexa a denuncia máis complicado nos resulta darlle credibilidade. Asumimos que existen agresores pero non aceptamos que estes poden ser os nosos compañeiros, irmáns, pais, avós ou veciños. Mais se aceptamos que existen agresores, e existen, é obvio que son compañeiros, irmáns, pais, avós ou veciños de alguén e que a violencia machista non é un comportamento exclusivo de descoñecidos.

Queremos denunciar neste escrito a complicidade que máis veces das que gostaríamos existe cos agresores machistas nos nosos entornos militantes, culturais, asociativos e políticos, complicidade da que temos que responsabilizarnos colectivamente e que precisamos analizar para acabar con ela.

É hora de nomear unha das violencias máis silenciadas e esquecidas das violencias machistas: a violencia social. Esa que aparece cando se denuncia unha agresión nos entornos de socialización do agresor. Esa violencia que exercemos todas as que miramos para outro lado cando unha muller sinala a alguén que coñecemos, a alguén coñecido ou con prestixio social en determinados ambientes da esquerda política.

A violencia social é a que exercemos cando temos coñecemento de que o agresor desacredita, ante nós e socialmente, a agredida, empregando un argumentario machista que cuestiona a súa saúde mental, a súa falta de equilibrio, a incapacidade para superar a relación ou para pechar unha parte da súa vida sentimental. Violencia social é mirar cara outro lado cando un home inicia unha campaña de cuestionamento público dunha muller que denuncia agresións, que pasa por convencer ao entorno da necesidade de apartala ou escoller entre a presenza dela e a del, cando se dirixe a descoñecidos para “avisar” das intencións desa muller de denunciar públicamentre as súas agresións e o seu comportamento, e cando coloca ao entorno social en “alerta” co único obxetivo de desacreditar esa denuncia pública e situarse nunha posición de privilexio.

Un home que utiliza os momentos máis difíciles dunha persoa para desacreditala e reclamar do seu entorno que emprenda unha campaña de exclusión e cancelación está exercendo violencia contra esa muller. Independentemente de se acreditamos ou non na denuncia desta, o feito do illamento social, do cuestionamento das súas capacidades, a luz de gas, atribuírlle unha enfermidade mental para descreditar a denuncia ou a chantaxe a terceiros para que a exclúan dos espazos sociais é violencia machista. Cuestionar e desacreditar a quen presta apoio a esta muller ou perseguir socialmente a quen a defende son tamén agresións machistas. A diferenza doutras violencias, esta exercémola todas, e obviar a súa existencia, non reaccionar ante estas agresións, convértenos a nós tamén en cómplices da violencia social. Non podemos ser cómplices destas violencias.

Persoas que manteñen estes comportamentos teñen que estar fóra dos nosos espazos, porque precisamos que os espazos en que participamos sexan seguros para nós, estean libres de violencias e agresións machistas e tamén estean libres de complicidades cos agresores machistas. Precisamos da acción colectiva para que ningún agresor saia indemne de iniciar unha campaña de descrédito contra unha muller para apartala de todos os espazos sociais que partillaron. Precisamos crear ferramentas que constrúan eses espazos seguros, e estamos convencidas de que para facelo é imprescindíbel socializar esta preocupación, colocar o debate nos nosos espazos de participación e enfrontar a violencia e as complicidades colectivas con esta.

Hai outra tarefa colectiva imprescindíbel que debemos asumir: a reparación da persoa que sufriu esta violencia. Non só a violencia que denunciou senón toda a violencia que sobre ela se exerceu socialmente logo de facelo, sobre todo porque desa fomos testemuñas. Temos a tarefa individual e colectiva de afrontar as denuncias de violencia machista sen prexuízos e entendendo que calquera que responda a elas con campañas de difamación, descrédito e mesmo desprestixio da denunciante está agredindo. Temos a obriga ética de restituír colectivamente a imaxe pública da agredida; se todas exercemos a violencia social, todas somos responsábeis de reparala.

Temos a obriga de construír espazos seguros en que non participen os agresores machistas nin quen a través do silencio ou a violencia social exerza de cómplice diante de actitudes como as antes sinaladas. Temos a obriga de denunciar publicamente cada caso e iniciar todos os procesos públicos que sexan necesarios para construír esa seguridade colectiva que nos permita vivir sen violencias. Temos a obriga colectiva de socializar estes comportamentos para erradicalos, sinalando, se é preciso con nomes e apelidos, a quen agrede. As abaixo asinantes comprometémonos na tarefa de facelo cada día en cada espazo do que formemos parte, para non voltar ser, nunca máis, cómplices de agresións machistas:

   
APOIA COA TÚA SINATURA E DIFUNDE!!!





Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nomes e Apelidos *
Actividade
Para COLECTIVOS (introduce un email e o nome do Colectivo que asina)
SINATURAS DE APOIO
COLECTIVAS
    • Marcha Mundial das Mulleres
    • Colectivo Feminista de As Pontes
    • Agrupacion Miño Asociacions Veciñais do Rural e Periferia de Ourense
    • Colectivo Feminista das Mariñas
    • Queremos Galego Marín
    • Mulleres en Acción da Barbanza
    • Asociación Cultural Algaravia
    • Amigas da Terra
    • Distribuidora Anarquista Polaris


PERSOAIS
    • Alba Fernández Díaz (activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Alba Grande Vázquez
    • Andrea Rodríguez Freire
    • Antía Pousa Pérez (activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Beatriz Maceda Abeleira (escritora)
    • Cristina Blanco Cardoso
    • Cristina Conde-Corbal González
    • Eli Ríos (escritora)
    • Eva Moreno Molera
    • Iolanda Fernádez Rivas
    • Iria de Dios Flores (investigadora, docente, activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Laura Pacios Camba (activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Lucía Cedrón (activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Lucía González Castro
    • Lucía Ordóñez Pérez (Eixo dos Coidados)
    • María Álvarez García
    • María González Rodríguez  (activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • María Reimóndez (escritora e intérprete)
    • Marga Romero Lorenzo (Marga do Val, escritora e docente)
    • Marta Pernas Rodríguez
    • Nerea Conde Seguín (activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Nuria Vilán Prado/ Nuria Vil (artista e correctora)
    • Patricia Ordóñez Rey (acompañante da infancia )
    • Paula Alonso Rivera (activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Raquel Noguerol Sánchez
    • Sonia Albor Gómez (activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Susana Sanches Arins (docente e escritora)
    • Vanesa Ferreira/Vanessa Glemsel (creadora poética/editora)
    • Verónica Rodríguez Parejo
    • Ximena González Ataide (activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Silvia Pardo Galdo  (Concelheira do Bng As Pontes )
    • Blanca Quiroga García-Boente
    • Concha de la Fuente Pérez (Produtora de Radio activista da Marcha Mundial das Muller
    • María Xosé  Rodriguez Porca (Enfermeira)
    • Andrea Lorenzo
    • Blanca Quiroga (Mestra e Artesana)
    • Raquel López Doce (Traballadora social)
    • Sonia Albor Gómez (Activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Carlota Mª Salgado Leal (Profesora secundaria)
    • María Teresa Arén Paz (Docente)
    • Alejandra Otero Vaquero (Artesana)
    • Azucena Álvarez barral
    • Manuela Rodríguez Pumar
    • Jesus Grova
    • Alexandre Folgoso (Artivista )
    • Elvira Lombao Vila (Administración)
    • Javier Lamoso Iglesias (Activista anarquista/estudante)
    • Paula Carreiro Prieto (Docente)
    • Alba Quevedo Rieiro
    • Lola Costas Alonso (Educadora social)
    • Fátima Fernández
    • Elvira Flores Pena
    • Belén Martínez Cuquejo
    • Monica Prada Rodriguez
    • Éric Rodríguez Dopazo
    • Sofia Fh (Empleo público )
    • Adela Bouza Pena
    • Ángeles Espiño Fornos (Activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Mateo Soto Ramos (Enxeñeiro, Grupo Post-Monogamia Ourense)
    • Ayelen Fonseca Correia (Activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Alejandro González Castro
    • Xoán Calros de Dios González
    • Chela Santalla Vázquez
    • María Nieto Díaz (Xornalista )
    • Ana Jamardo Cerneira
    • Xose López Soto.  (Actor)
    • Marta Perez Gonzalez (Aprendiza de sentires)
    • María Cristina Gómez Fernández (NATURGY)
    • Laura Domínguez Romero
    • Susana Iglesias García
    • Yolanda Rodríguez Draycott (Mestra)
    • Enzo Sarmiento Soto
    • Juana María Santos Sampedro (Auxiliar de enfermería)
    • Laura Veiga (Xornalista e divulgadora menstrual)
    • Iria Blanco Souto (Educadora Social )
    • Cristina Palacios (Activista e docente)
    • Laura Iglesias Álvarez
    • Cami Moreira Fontán
    • Andrea Pazos Lopez
    • Isabel Rodríguez  (Artesana )
    • Rochi Nóvoa Vázquez (Docente e escritora)
    • Ángel Calvo Ulloa (Curador e crítico de arte)
    • Patricia Molle Fernández
    • María Armada Rodríguez
    • Susana Vilaboi Cabarcos (Feminista de rúa)
    • María Vilaboy Cabarcos (Hostelería)
    • Lucía Garrido Fernández
    • Sonia Mato Rodríguez
    • Laura Díaz Fernández
    • Nuria Núñez Rolán (Depedenta)
    • Xose manuel romero rodriguez
    • Nazaré Estévez Salguero
    • Irene Pazó Lorenzo (Intérprete de Lingua de Signos)
    • Sara Outeiriño Paula (Activista)
    • María Elena De Jesús Rodríguez
    • Diana Bustillo de la Fuente (Diseñadora de interiores)
    • Antia Iglesias Liboreiro
    • Iria Varela Fortes
    • MIRIAM PIÑEIRO LOPEZ
    • Sabela Pérez Martín
    • Rosa Maria Feijoo (Desempregada)
    • Aránzazu Fdez-Quintas
    • Yolanda Pousada Villar
    • Mila Ferreiro da Silva Marketing
    • Debora valladares ibañez (Tecnica de cuidados de enfermería)
    • Roi Sánchez
    • Ernesta (Coordinadora )
    • Tere Pazos Huete (Enfermeira)
    • Antía Manzano Nogueiras (Fisioterapia)
    • María Concepción Pérez Mills
    • Carmen Salvadores Cobas (Plataforma Feminista Lugo)
    • María González Hervera
    • Francisco Antonio Pérez (Bombeiro forestal )
    • Celia Varela Novoa  (Veterinario)
    • Hannah Canela Costas
    • Blanca Garcia Boente  (Enfermera jubilada)
    • Feli varela varela
    • Susana ontiveros garcia (Educadora)
    • Laura María Pardo Agraso
    • Iria Aldomar Dosouto  (Docente de secundaria)
    • Pilar Fernandez Conde (Educadora Social y Docente)
    • Paula Prada Leal (Traballadora social en desemprego)
    • Ana Herraez Gómez (Administrativa)
    • Teresa Rodríguez Castiñeiras (Directora de escena e actriz.)
    • Maria Carmen A. Iglesias
    • Dores Asorei Veiga (Tradutora)
    • Sandra Gómez González  (Fotógrafa e Gaiteira)
    • Carmen Garcia Pichel
    • Uxía Álvarez Blanco (Música)
    • Rosa Enríquez Profesora
    • Yolanda Rodríguez Vila (Mestra)
    • Rut Reza
    • Pablo Prol Sobrado
    • Senén Rodriguez-Carrera Iglesias (Terapeuta Gestalt, facilitador de círculos de homes)
    • Paloma de Toro González (Mestra)
    • Fernández Fernández (Ama de casa)
    • Sonia González Costas (Administrativa)
    • Jesús Barrio Gómez (Educador Físico)
    • Mónica Velasco Pérez  (Avogada)
    • Sara Costa
    • Matilde Pena González (Docente)
    • Sabela Fraga Costa (Investigadora)
    • Natalia Puente Castro
    • Clara Terricabras Martínez
    • Lupe Solla (Administración)
    • Inés Cortés Santos (Profesora)
    • Raquel González Vázquez
    • Almudena Vázquez
    • Rebeca Castiñeiras Gallego (Avogada)
    • Alba María Chantada Sineiro  (Farmacéutica)
    • Teresa Veiga Iglesias (Activista no Colectivo Feminista das Mariñas)
    • Roi García Camba
    • Ana Fernández (Docente)
    • Anxela Crespo Fernández (Docente)
    • Eva Rodríguez Rodríguez Gandeira
    • Sandra Román (Dietista Realista)
    • Conchita Delgado Pérez- Iñigo (Enfermera jubilada)
    • Irene Fernández López
    • Marta Castro López
    • Laura Montro Castro Psicóloga clínica
    • María de Toro González (Docente)
    • Emilio Rodríguez Tilve (Educación)
    • Santiago Rodriguez Cid (Labrega. Sindicato Labrego Galego.)
    • Begoña González González (Educadora social)
    • Serse Saruis (Artesán)
    • Almudena González Fernández
    • Victor Guede Garrido (Dependiente)
    • Lúa Carballo creadora de contido
    • Adriana Pérez Rodríguez (deseñadora gráfica e web)
    • Lola Ferreiro Diaz (Médica)
    • Alfonso Rodríguez Rodríguez (Artista e escritor)
    • Mariam Ferreiro Vidarte (Jubilada)
    • M Vázquez Rebollar (Docencia)
    • Africa Leira Sanmartin
    • Flor Maceiras Sánchez (Actriz e docente teatral)
    • Margarita Lopez Barreiro
    • Celsa viñas vazquez (Pensionista)
    • Tereixa Novo Arrojo (Xubilada)
    • Mariña López Varela
    • María Armesto Fanego (Dramaturga e Directora)
    • Noelia Darriba García (Educadora Social e Facilitadora na Terapia do Reencontro)
    • Fernanda González Briones (Docente)
    • María Jesús Juanatey Malvarez
    • Iria Pinheiro Santos (Actriz )
    • Alba Cacheda González (Educadora)
    • Clara Castilla Freire (Xornalista)
    • Carmen de Miguel Conde (Estudiante)
    • Elvira Alfonsín (Coudadora)
    • Sofía Riveiro Olveira (Educadora social)
    • Inés Suárez González
    • Juan Valle (Mis labores)
    • Claudina García González (Pedagoga)
    • Rosa Fernández Míguez (Autónoma, comercio xoiería )
    • Maria González V cm ostas (Actriz e cantante)
    • Ione Leadbeater Sánchez (Estudiante Educación social, titulada en Integración social)
    • Marisa Vázquez Vázquez (Servizos Sociais)
    • Mercedes Álvarez Arias (xubilada)
    • Lourdes Salinas Buján (Empleada pública)
    • Mónica Camaño (Actriz)
    • Laura Fernández
    • Claudina García González (Espazo Feminista Marín)
    • Amelia Paderne Sanchez (Xubilada con SQM rnfermedad ambiental )
    • Marta Rodríguez Buceta (Estudante)
    • Gabriel Álvarez Reboredo "Gabi"
    • Raquel Fernández Rodríguez
    • Carmen Murua Martinez
    • Raquel Doval Lopez (Consulta de Psicoloxía e Sexoloxía)
    • Daniel Vilela Piñeiro (Performer (Nelu Vermouth)
    • Alba Orero Canal
    • Patricia Alonso
    • Mercedes Villegas Andrino
    • Patricia Corbacho Suso (Docente)
    • Daniela Ferrández Pérez (Historiadora e activista)
    • María Eva Queiro Uhía (Puesto de información)
    • Agustín González Ferro (Psicólogo)
    • Esther Margarita Feijóo Ramos (Cuidadora)
    • Irma Vázquez suarez (Suma nunca restes! Muller libre e independiente!)
    • Asunción Veloso Peaguda (Mestra xubilada.
    • Rosa Arauzo Quintero (Xubilada Mulleres Cristianas Gallegas)
    • María del Mar Seoane Pena (Auxiliar de axuda a domicilio)
    • María Méndez (Profesora )
    • BeatrizEstévez Lorenzo (Mestra)
    • Consuelo Rodríguez  vega (Aux ayuda a domicilio)
    • Casilda García Alfaro
    • Paula Rubines Chisca
    • Chus Díaz Anca (Psicóloga Clínica)
    • Noemi Romero Doural
    • Andrea Estévez Barreiro (Militante. Mestra.)
    • Nerea Cortés Martínez
    • MARTA FREAZA NOGUEIRA (Psicóloga e integradora social)
    • Maria Amparo Iglesias Puente (Traballadora social)
    • Mai Jiménez Estepa Ilustradora
    • Carmen Lago Fernandez
    • Beatriz García Jares (Docencia)
    • Gloria Docampo Corral (Psicóloga)
    • Silvia Romaus Blanco (Actriz)
    • Beatriz Miguez Fernández (Pensionista)
    • Soraya Rial Mouriño
    • Antón Cortizas Amado (Escritor e docente xubilado)
    • Sonia Méndez Directora (actriz)
    • Carlota Calviño Morquecho
    • Eva cabaleiro riguera
    • Vicky García Funcionaria
    • Ana González Sanchez
    • Beatriz Varela Aguilar (Barrendeira)
    • Mª Teresa Frade Lombardero  (Jubilada)
    • César Caramês Branco
    • Beatriz Garcia Rodriguez (Artista)
    • Rocío Romero Otero (Actriz e docente teatral)
    • Claudia Álvarez
    • Alfonso Nicolás Calleja García (Teatro )
    • Nela Abella Cruz (xubilada)
    • Cesareo Sanchez Iglesias (Poeta , Presidente da Aelg)
    • Ainhoa Viñuela Don
    • Inmaculada de la Herrán Lojo (Paro)
    • Isolina Bonacho Paniagua
    • MONTSE FAJARDO PEREZ (Xornalista e escritora)
    • Laura López López
    • Antón Masa Xubilado
    • Ana María Santos Lampón (Na casa, sen traballo (!))
    • Laura Estevez Laranxeira (La revolución será feminista o no será)
    • Daniel Asorey Vidal (Escritor)
    • Conchi Millán Calenti (Psicóloga)
    • María Jesús Vázquez Fernández (Funcionaria)
    • Antía Marante Arias (Profesora)
    • Antonio Reigosa Carreiras (Funcionario)
    • María Armesto (Teatro e Feminismo  MULLERES EN ACCIÓN-MITCFC)
    • Mónica González Freire
    • Sabela Álvarez Núñez
    • Maria Ángeles Rodriguez Conejo (Traballadora social)
    • Maribel Civeira
    • Cristina Luaces Ensá (Profesora)
    • Marta Jordà Sánchez (Gestora/informadora de prestaciones de la Seguridad social)
    • Patricia Cordo Ares (Activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Carmen García Pérez (Trabajo para la Xunta de Galicia)
    • Belén de Colsa Linares
    • Nacho Jorganes Echezarreta (Activista no ecoloxismo)
    • Noemi Morán Fernández (Maquinista)
    • Kai García Estrada (Artista, coordinadore en NBE)
    •  Xeracción S. Coop Galega
    • María José Ogando González  (Depende)
    • Antia Lago Fernandez (Parada)
    • Amelia Díaz Trigo (Enquisas)
    • Lucia Painceiras Romero (Técnica Medio ambiente)
    • Raquel López Doce (Secretaria Colectivo Feminista Deza Tabeirós)
    • Amparo Álvarez González (Administrativa)
    • Roberto Ferreiro Eimil (Pedagogo)
    • María Angélica Mercado Torres (Mestre e activista.)
    • Patricia Lojo Nine
    • Soledad Lucero (Mujeres migrantes y sus familias Movilidad humana)
    • Bibiana Sánchez Seijas
    • Margarida Blasco Fernández (Teleoperadora e Representante de traballadoras de Bosch)
    • Belén Hermida Pan
    • Marta Castro Zaera (Auxiliar educativa)
    • Amalia Esther Díaz Barcia (Técnico de Laboratorio)
    • Patricia Blanco Rodriguez (Desempregada)
    • Maria Uxia Alvarez Real (Médica)
    • Sonia cassau (Activista Mulleres en acción)
    • Cristina Rodríguez Ramos (Técnica de Igualdade e militante feminista)
    • Helena Boullón Cassau (Activista Mulleres en Acción)
    • Charo Lopes Jornalista
    • Mª do Pilar Rodríguez Pérez (Enfermeira)
    • Josefa Barreiro García
    • Ana Martinez Gonzalez (Traballadora social)
    • Vanessa Rey Carro (Administrativo)
    • Iolanda Galego Peres
    • Yolanda Díaz Rodriguez
    • Gabriel Rodríguez Fernández (Arquiveiro, Historiador)
    • Angeles Piñeiro Borrajo
    • Josefa Rodriguez Porca (Auxiliar coidadora)
    • M.del Carmen Cruces Artero (Pedagoga)
    • Alexandra Beiras Campos (Integradora social)
    • Guadalupe Rodríguez Activista (defensora DDHH e investigadora )
    • Rut Montero Castro
    • Carme Miguez Novoa (Docente FP)
    • Maria Luz Maset Catala (Xubilada)
    • Isabel Fernández Lema (traballadora Social)
    • Alfonso Villar Rossi
    • Laura Duarte García (Educadora)
    • Viví Canosa Raña (Psicoloxía xeral sanitaria)
    • Natíchi Grandal
    • Ana Viqueira (Comunicadora. Sindicalista feminista.)
    • Rosa Quinteiro Rendo (Docente secundaria)
    • Alberto Pereira Suárez (Mestre)
    • Leticia Castro Torres (Educadora social)
    • Eva Ventin Lorenzo (Docente)
    • Nee Barros Fernández (escritore, ativista e youtubeire)
    • Lali González Outumuro (Mestra)
    • Andrés Lijó Villa (Xubilado)
    • Fátima Vilar Carballeira (Psicóloga)
    • Estela Fernández Álvarez
    • Ángeles Folgar Naya Xubilada
    • Adrian Mosquera Pazos
    • Míriam Martínez Troncoso
    • Carlos Calo Santiago Enxeñeiro
    • María Guevara Urquiola  
    • Carla Lohayne Mendes Eleuterio (Educadora Social e Profesora)
    • Marta Pérez (Creadora Escénica)
    • Carlos Rodriguez Vaamonde (Manager Tattoo Bonshyo Tattoo)
    • Manuela Iglesias Cid (Xornalista)
    • Rebeca Domínguez Malingre
    • Maria Fraiz Castro (Educadora Infantil)
    • Andrea Rico Adega (Educadora social)
    • Maria Perez Millan (Pensionista)
    • Iago Corral Feijoo (Xestión cultural Molho/El Pueblo)
    • Laura Bugalho (Ativista TransFeminista)
    • Neli Perdia Álvarez (Operadora video)
    • Mercedes Teijeiro Gato (Profesora)
    • Esther Rodríguez Muñoz (Docente)
    • Amaia (Médica de Atención Primaria)
    • Cristina Lestegás Peres (Docente e activista feminista)
    • Rosa Manuela Anarcofeminista.  (Eixo no apoio a vellez)
    • Ana Belén Fernandez Rodriguez
    • Marina Martín-Ondarza
    • Amauta Castro
    • Miguel A. Álvarez A. (Autónomo.)
    • María Mateo cruz (Autónoma)
    • Lola Rontano (Docente e escritor)
    • Helena Miguélez-Carballeira (CS Faísca (Vigo))
    • Matías Nicieza García
    • Koldobike Ostaizka Hurtado Jiménez (Koldo Estética)
    • Ana Calvo
    • Ana Breixo Gundín (Concelleira San Sadurniño)
    • María Lubián Diéguez (Activista)
    • Mercedes Vazquez Bertomeu (Historiadora)
    • Ana Miranda (Portavoz BNG Europa)
    • González Blanco, Beatriz (Profesora)
    • Iria Zeltia Zas Rey
    • Matías Nicieza García (Activista cultural)
    • Rocío Vázquez López (Activista da Marcha Mundial das Mulleres)
    • Berta Vega Villaamil
    • Roberto Muradás Prado
    • Nieves Ramos (Dependienta)
    • Elsa Bouzón Bugallo (Educadora Social)
    • Roberot Figueiras Garcia
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy