CAMPAÑA DE VOLUNTARIADO PARA LIMPEZA DE PRAIAS
Formulario para anotarse ás cuadrillas organizadas por Ecoloxistas en Acción para a limpeza do litoral galego ante a contaminación provocada pola vertedura de millóns de pellets de plástico.

Ecoloxistas en Acción aportará un seguro de accidentes, luvas e material para realizar a limpeza. O voluntariado anotado será chamado segundo a capacidade organizativa da organización ecoloxista. Anotarse non significa que de inmediato se participe nunha das cuadrillas. 

O pasado 8 de decembro o buque portacontenedores “Toconao”, con bandera de Liberia, perdeu 6 contedores á altura de Viana do Castelo, preto xa de augas galegas. Un deses contedores, da empresa Bedeko Europe, contiña millares de sacos, de 25 kg cada un, cheos de millóns pellets de plástico, que se veñen espallando polas costas galegas. Estas bolas de 5 mm de diámetro utilízanse para a fabricación de todo tipo de produtos, mais o seu reducido tamaño fai que sexan moi complicada a súa recollida unha vez que se mesturan coa area.

Este vertido se produce nunha zona na que ven de ampliarse a Rede Natura 2000 pola súa importancia como corredor ecolóxico de aves. A vertedura é moi prexudicial para os ecosistemas mariños pois os peixes, aves e crustáceos confunden os pellets con ovas de peixe e inxírenos, causando mortandade tanto pola toxicidade do plástico como por inanición, ao non poder alimentarse por ter o estómago cheo de plástico.


Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nº DNI para el seguro de accidentes: *
Nome completo: *
Mail o teléfono de contacto: *
Disponibilidade: *
Zona de acción: *
OBSERVACIÓNS OU COMENTARIOS:
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy