FORMACIÓN RECOMENDA VALDEORRAS

Formulario de inscrición para participar nas xornadas de formación práctica en recursos turísticos da comarca. Son 4 rutas nas que os guías oficias de turismo Soledad Figueroa e Luis Carrón ofrecerán explicacións detalladas sobre os recursos turísticos da comarca de Valdeorras.

Trátase dunha formación destinada a profesionais dos sectores comercial, hostaleiro e vitivinícola, se ben a participación está aberta a todas as persoas interesadas, tendo prioridade as persoas asociadas a AEVA por orde de inscrición. Os negocios que participen recibirán ao rematar un documento cos contidos abordados e un distintivo para os seus establecementos coa marca RECOMENDA VALDEORRAS.

Cada unha das 4 rutas realízase un luns, un martes e un sábado tarde para poder escoller día e adaptarse ás necesidades dos profesionais. Hai 30 prazas por día e ruta. Se non poidera asistir a algunha das que reserve agradecemos que o comunique para dar a opción de asistir á xente en reserva.


Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome e apelidos *
Está relacionado con algunha empresa ou negocio asociado a AEVA?
*
Se respondeu SI indique a empresa ou negocio asociada a AEVA
DNI *
Teléfono de contacto *
Quere inscribir 1 acompañante? *
Required
No caso de que inscriba un acompañante indique os seus datos: Nome, apelidos, DNI e idade
Vostede ou o seu acompañante teñen algunha necesidade especial que debamos ter en conta? *
Required
En que lugar queren ser recollidos polo autobús que nos levará ao punto de partida? *
Required
FE E FEUDALISMO
CASTELOS, PAZOS E TEMPLOS
Para coñecer o patrimonio cultural arquitectónico da Idade Media e Moderna. Inclúe visita ao santuario das Ermidas (BIC), ao castelo do Bolo, á Torre do Castro (BIC) e á igrexa de San Miguel de Xagoaza.



** Ruta realizada en todas as súas datas**
IN VINO VERITAS
ADEGAS, COVAS E VIDES
Concienciar sobre o potencial enoturístico de Valdeorras. Comeza cunha visita ao miradoiro de Chandoiro, continúa pola zona de covas das Pinguelas na Rúa e remata cunha visita a unha adega con cova.

** Aforo completo**
O OURO DE ROMA
CASTROS, CALZADAS E PONTES
Descubrir o patrimonio arqueolóxico da época na que Valdeorras era o centro de interese económico e viario da Gallaecia. Visita ao xacemento do Castrillón, en Larouco, Parada na Ponte da Cigarrosa (Petín) e na lápida de Reburro xunto á igrexa de Santo Estevo da Rúa.
Que día quere facer esta ruta? 
O horario é de 16.30 a 21.00 horas
*
Required
O seu acompañante, se o incluiu, fará esta ruta con vostede? *
HAI OUTRA GALIZA
MONTAÑAS, ESTRELAS E NATUREZA
Desfrutar paisaxes que en Galiza son unha excepción: a alta montaña de Trevinca e a vexetación e xeoloxía da Serra da Lastra onde comezaremos visitando o centro de Interpretación do Parque Natural e pararemos nalgúns miradores da Lastra.  Tamén iremos á Cántara da Moura, onde falaremos da lenda, da vexetación e da historia de Trevinca
Que día quere facer esta ruta? 
O horario é de 16.30 a 21.00 horas
** 16  de maio aforo completo**
*
Required
O seu acompañante, se o incluiu, fará esta ruta con vostede? *

COTA DE INSCRICIÓN

A inscrición na formación é gratuita para os socios e socias de AEVA. 

Aqueles que non formen parte de empresas asociadas deberán aboar unha COTA de INSCRICIÓN de 10€ por ruta e persoa. Os datos bancarios para facer as inscricións serán facilitados coa confirmación de reserva 

Todas as inscricións faranse efectivas cando se reciba un correo electrónico de confirmación dende AEVA.

A listaxe de participantes en cada ruta pecharase 4 días antes da súa celebración. Se algunha ruta tivese moita demanda, os asociados e asociadas de AEVA terán prioridade na reserva de praza.

PROTECCIÓN DE DATOS

Informamos, respecto aos datos de carácter persoal facilitados, dos seguintes extremos:

Responsable de tratamento: Os seus datos serán tratados por ASOCIACION EMPRESARIAL DE VALDEORRAS , con CIF ESG32114423.

Finalidades e lexitimación: a finalidade do tratamento dos seus datos e xestión de contactos, xestión de usuarios/as, xestión multimedia, xestión fiscal e contable, envío de publicidade, organización de eventos, xestión de socios/as, organización de sorteos, xestión de expedientes. Vostede  outórganos  autorización para o tratamento dos seus datos cos fins descritos por ser necesarios para manter a relación que temos con vostede.

Prazo: os seus datos serán conservados mentres se manteña a relación comercial ou, no  seu caso, durante  o prazo legalmente esixido.

Destinatarios: Os seus datos non serán cedidos a terceiros, agás obriga legal.

Dereitos: se non desexa exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación e/ou portabilidade ou se desexa máis información respecto ao tratamento dos seus datos, diríxase por escrito, achegando unha copia dun documento acreditativo da  súa identidade ao enderezo: Praza do Concello, 2, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense) ou mediante correo electrónico a derechoslopd@empresariosdevaldeorras.com

Información adicional: pode consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos na nosa política de privacidade en www.empresariosdevaldeorras.com 

 

ACEPTACIÓN DE PROTECCIÓN DE DATOS *
Required
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy