Formulario de solicitude "As mulleres que nos levaron a Lúa"
A exposición componse de 12 paneis de tipo roll-up de100x200 cm realizados en lona cunha estrutura metálica. Cada un deles mostra as actividades e logros dunha muller científica ou tecnóloga con un destacado papel na conquista do espazo.
A exposición persegue varios obxectivos, entre os que destacan:
- Espertar vocacións científicas, dando referentes femininos na investigación STEM
- Resaltar a relevancia do papel da muller na ciencia
A exposición completa entregarase en 2 caixas de cartón de 120 cm x 100 cm x 50 cm (largo, ancho, alto) e un peso en total de 50 kg aproximadamente (6 paneis en cada caixa respectivamente).
Financiación:
Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo
Deputación de Ourense