Microescena Lab: queres participar?
7ª EDICIÓN: venres 10 de maio ás 20:30

Reunións de ASISTENCIA OBRIGATORIA:
- luns 29 de abril ás 16:30 
- venres 10 de maio ás 18:30

Enche este formulario coa túa proposta e dispoñibilidade para poder formar parte das próximas edicións de Microescena Lab, evento organizado por Hurléprods. Enviarémosche un email despois da data límite de envío de propostas (25 de abril) para confirmar a túa participación. 

Microescena Lab é un espazo para a experimentación escénica onde as artistas poden presentar diferentes fases do proceso creativo. 

O público asistirá a un itinerario artístico dividido en dous equipos cos que transitará a través das catro pezas breves que ocuparán os distintos espazos que ofrece a propia arquitectura da Morada, onde todo é susceptíbel de convertirse en escenario. Unha experiencia de creatividade e aprendizaxe, onde a comunicación entre público e creadoras acontece a través do non convencional, do ensaio e erro, da exploración.


BASES (ler atentamente antes de enviar a túa participación!)
  1. Este espazo é un laboratorio de experimentación escénica.

  2. As propostas serán pezas en proceso, non rematadas nin estreadas. 

  3. A duración das propostas será de 15 minutos, non superando os 17, nin sendo inferiores a 12. Cada peza fará un mínimo de dous pases e un máximo de catro.

  4. As propostas serán autoxestionadas. Dende a organización ofrecemos asistencia técnica básica e apoio loxístico, sen incluír mesa de son ou equipo de iluminación.

  5. As propostas son para espazos non convencionais. Os espazos que ofrece a arquitectura da A Morada son os seguintes: entrada, barra, escaleiras, cociña, sala-comedor, baños, sala de arte, sala de ensaio

  6. A Morada ten as súas portas abertas para que as artistas acudan a visitar e coñecer o espazo antes da reunión organizativa.

  7. As xornadas fanse un venres pola tarde, ás 20:30 horas, cada dous meses, normalmente cara finais de mes. 

  8. Para a participación nas xornadas é obrigatorio asistir ás reunións previas de xestión e organización do evento que se fai coas organizadoras, as artistas participantes e unha representante da A Morada Cooperativa, espazo co-organizador que é a sede deste evento. 

  9. Ofrecerase ás artistas un bloque de dúas horas de ensaio (mínimo) na A Morada.

  10. Ofrecerase a cea para as participantes na xornada do evento.

  11. Haberá unha fotógrafa voluntaria e entregarase o material gráfico ás artistas.

  12. A participación non é remunerada.

  13. Os cartos recadados polas entradas son destinados a colaborar co espazo de A Morada así como a pagar os gastos de produción do evento. 

Email *
Nome artístico *
Correo electrónico *
Redes sociais (instagram, facebook)
Número de teléfono *
Que tipo de proposta escénica é a túa? *
Describe brevemente a túa proposta? *
Cales son as túas necesidades técnicas*?

(ten en conta que A Morada NON é un teatro e que os recursos son limitados)
*
Preferencia de espazo (Se non coñeces o espazo da Morada, non dubides en pasarte a velo!) *
Tes dispoñibilidade para estas datas? *
Required
Deixa aquí os teus comentarios
Tes algunha intolerancia ou restrición alimentaria? (a cea será vexetariana)  *
Newsletter *
Dereitos de imaxe *
A copy of your responses will be emailed to .
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy