Mediante este formulario poderás inscribirte na reunión presencial do grupo de apoio á Lactancia-Crianza o próximo mércores 23 de agosto ás 18:00, na zona da Horta Comunitaria de Lalín. Ubicación
aquí (Rúa Corredoira, 29; entre o centro comercial Pontiñas e o hiper Chinés-gasolineira).
O acceso aos nosos servizos é habitualmente sen custo para as familias. As nosas voluntarias ofrecen o seu tempo para que estes servizos poidan ter lugar.
Dende Teta e Coliño facemos un chamamento ao respecto e compromiso coa organización dos obradoiros. Por iso, pregamos que en caso de ter confirmada a praza e non poder asistir, se avise coa maior premura posible.