CAMPAMENTO VERÁN DISFRUTA E APRENDE XULLO 2021
CAMPAMENTO DISFRUTA E APRENDE 2021


Un ano máis animámosvos a participar no campamento de verán DISFRUTA E APRENDE que organiza a Asociación Deportiva As Mariñas xunto coa  ANPA Valle-Inclán durante a última semana de xuño e todo o mes de xullo no CEIP Valle-Inclán. Durante este mes tentaremos encher o tempo libre dos rapaces e rapazas da forma máis proveitosa e divertida. Para iso temos preparadas: excursións, saídas á praia e ó monte, actividades artísticas, lúdicas, deportivas, teatrais e actividades en lingua inglesa procurando manter sempre un equilibrio entre a diversión e a  aprendizaxe.

O día de inicio será do 28 de xuño e durará ata ó 30 de xullo.

A hora de entrada será ás 9 da mañá de luns a venres aínda que a partir das 8:00h. haberá un servizo de madrugadores. A saída será ás 14:00h. agás para quen utilice o servizo de comedor que poderán estar ata as 16:00h.


CONDICIÓNS XERAIS E REQUISITOS DE ADMISIÓN


As inscricións poderanse facer de:
5 semanas: 28 de xuño o 30 de xullo.
4 semanas: 5 de xullo o 30 de xullo.
1ª quincena: 28 xuño o 9 de xullo
2º quincena 5 de xullo o 16 de xullo
3ª quincena: 19 de xullo o 30 de xullo.
1 semana:  28 de xuño o 2 de xullo, 5 de xullo o 9 de xullo, 12 de xullo o 16 de xullo, 19 de xullo o 23 de xullo, 26 de xullo o 30 de xullo

Inscricións online a partir do 21 de abril ás 14:00h. Ata o remate de prazas a través do formulario publicado en: www.apavalleinclan.es

Máis información en: www.asmariñasadc.com/campamento-veran

INFORMACIÓN E PREZOS -> http://www.asmariñasadc.com/campamento-veran/


Nº de prazas vacantes: 12 por semana
Ingreso de cartos: do 25 de maio ao 01 de xuño o 50%. O outro 50% antes do 01 de xullo .

Nº Conta Banco Popular ES63 0238 8114 3906 0324 5156


Respectarase a orde de inscrición e darase a seguinte preferencia:

1º socias/os ANPA,
 2º alumnado do centro non asociado á ANPA,
3º resto solicitudes


Requisitos para participar:

Ausencia de enfermidade e síntomas compatibles con Covid-19 (febre, tose, dificultade respiratoria, molestias, diarrea ...) ou calquera outro síntoma infeccioso. Non ter estado en estreito contacto con persoas con síntomas positivos ou compatibles confirmados nos 14 días anteriores ó inicio do campamento.

A participación de nenos con patoloxías básicas previas, debe ser avaliada polo seu pediatra de xeito individual para determinar a idoneidade de participar no campamento, dado que son unha poboación de risco que pode sufrir maiores consecuencias en caso de contaxio. Nestes casos solicitaremos un informe médico.

As nenas e nenos en situación de inmunodepresión (certificada polo seu pediatra) ou que vivan nun fogar cunha persoa inmunodepresiva non pode participar este ano no campamento dadas as extraordinarias circunstancias, evitando así riscos innecesarios.

Insistirase na responsabilidade dos pais á hora de traer ós fillos. Neste sentido As Mariñas confía en que as familias cumpran coa súa obriga, en caso de que algunha familia incorra  en algunha  irresponsabilidade, As Mariñas non se pode facer responsable, xa que pola nosa parte executaremos todas as medidas indicadas polas autoridades competentes.

 

De igual xeito, a ANPA do Colexio Valle Inclán e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, non terán ningún tipo de responsabilidades, xa que non son organizadores deste evento, a ANPA só fará de enlace entre As Mariñas e as familias asociadas, e a Xunta só deixa as súas instalacións, deste xeito o nivel da súa implicación neste campamento é só de colaboración.



Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Confirmación do correo electrónico *
APELIDOS *
NOME *
CURSO ESCOLAR *
ANOS DO/A ALUMNO/A *
SOCIA/O ANPA? *
NOME E APELIDOS DA NAI/PAI/TITOR-A *
TELÉFONO 1 + NAI/PAI/TITORA/A *
TELÉFONO 2 + NAI/PAI/TITORA/A *
TELÉFONO 3 + NAI/PAI/TITORA/A
AUTORIZACIÓN RECOLLIDA 1 (NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI)
AUTORIZACIÓN RECOLLIDA 2 (NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI)
AUTORIZACIÓN RECOLLIDA 3 (NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI)
AUTORIZACIÓN RECOLLIDA 4 (NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI)
DATOS MÉDICOS: Ten as vacinas ao día? *
Usuario Comedor *
Alerxias? *
Padece algunha enfermidade? *
ASISTENCIA
Requisitos para participar:                                                                                                                                                                          Ausencia de enfermidade e síntomas compatibles con Covid-19 (febre, tose, dificultade respiratoria, molestias, diarrea ...) ou calquera outro síntoma infeccioso. Non ter estado en estreito contacto con persoas con síntomas positivos ou compatibles confirmados nos 14 días anteriores ó inicio do campamento. *
Como pai/nai/titor-a da/o alumna/o que queda inscrita/o no  campamento disfruta y aprende realizada pola  Asociación Deportiva As Mariñas, autorizo ás decisións médico-quirúrxicas que no caso de urxencia fose preciso adoptar baixo a dirección facultativa pertinente. Esta autorización é extensiva a todas as actividades programadas: sendeirismo, xogos... Son coñecedor/a tamén de que si o meu fillo ou a miña filla causa algún destrozo terei que asumir os gastos pertinentes, e de que se comete faltas graves será enviado/a á casa sen devolución dos cartos. *
Como pai/nai/titor/a da alumna/o que queda inscrita/o no campamento  organizado pola Asociación Deportiva As Mariñas, autorizo a facer uso do material fotográfico e audiovisual das actividades que se leven a cabo durante neste período. As imaxes poderán ser usadas para uso interno en memorias e proxectos  da Asociación Deportiva As Mariñas, difundir esta actividade na páxina web (www.apavalleinclan.es) e redes sociais da entidade. A Asociación Deportiva As Mariñas comprométese a que a utilización destas imaxes respectará a normativa en materia de protección de datos, imaxe e protección xurídica da/o menor. *
ASINO E ENVÍO NA SEGUINTE DATA *
MM
/
DD
/
YYYY
Para cumprir coa nova Lei de Protección de datos e que os teus datos estean a salvo, debes ler e aceptar a Política de privacidade reflectida na seguinte ligazón  http://asmariñasadc.com/politica-de-privacidade/ *
Required
En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e os seus regulamentos de desenvolvemento, a Agrupación Cultural As Mariñas, informalle que aos datos de carácter persoal proporcionados, quedarán incorporados os nosos ficheiros para o seu tratamento automatizado, coa finalidade de prestar os nosos servizos. Os datos recollidos son almacenados baixo a confidencialidade e as medidas de seguridade legalmente establecidas. Poderá exercer os dereitos de acceso, cancelación, oposición e rectificación, a través do enderezo de correo electrónico agrupacionasmarinhas@gmail.com, persoalmente nas nosas oficinas ou mediante comunicación escrita acompañada da copia do seu documento nacional de identidade dirixida a Agrupación Cultural As Mariñas, calle Luís López Casanegra nº5 Bajo izq, 15009 ( A Coruña)
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy