Inscricións xuntanza mensual e obradoiro presencial do grupo de apoio á Lactancia-Crianza en Lalín - Teta e Coliño
Mediante este formulario poderás inscribirte nos encontros presenciais de febreiro de Teta e Coliño Lalín: tanto na reunión mensual do grupo de apoio á Lactancia-Crianza, como no obradoiro de lactancia. Ambos terán lugar na Biblioteca Municipal.
O acceso aos nosos servizos é habitualmente sen custo para as familias. As nosas voluntarias ofrecen o seu tempo para que estes servizos poidan ter lugar.
Dende Teta e Coliño facemos un chamamento ao respecto e compromiso coa organización dos obradoiros. Por iso, pregamos que en caso de ter confirmada a praza e non poder asistir, se avise coa maior premura posible.