Manifesto polo sono público
- Olla, agora, ese home que durme no banco. Tamén o interior é obsceno, pero dun lado oposto á obscenidade. Porque, quen durme nun lugar público está invertindo a orde da realidade. Está, neste espazo, moi lonxe deste espazo. Tal vez atenta contra o capitalismo, e por iso non está permitido durmir en espazos públicos. Só se lles permite ós mendigos, ós que xa están fóra hai moito tempo. Ós que xa están estéticamente fóra.

- Pensemos cantas veces nos entrou o sono no traballo. E non por saír á noite anterior, senón porque o sono é algo que entra. Moitas veces. E baixamos a tomar un café. Coma se fora o binomio máis natural do mundo. Sono-café.

Ou un día que sáimos de paseo polo Miño. E había un recuncho de sol na herba. E tiñamos tanto sono. Pero iamos sós. E unha soa non se atreve a durmir. É que durmir é tan perigoso.

Ou no aeroporto. Para darlle vía libre ó sono hai que ocupar tres asentos. E custa tanto facelo, atreverse a durmir, que parece que na nosa horizontalidade virara un eixo do mundo.

- Agora, cando penso en todas estas situacións, teño mágoa daqueles momentos que perdín. Daqueles que non me permitín vivir. Microfísica dos micromentos. O corpo debruzado sobre a mesa do café. Porque vivo nun mundo onde o corpo ten que seguir funcionando. Por que no respaldo do Freire si e non cinco minutos na mesa do traballo? Porque vivo nun mundo onde é máis sospetitoso un corpo que durme que un corpo que leva uniforme e pistola. O corpo unha tarde de outono no banco e as raiolas na carne. Porque vivo nun mundo onde non se pode ver un corpo. O interior dun corpo. Porque o interior atenta.

Pola defensa do sono público. Pola inclusión do sono público nos programas electorais. Porque queremos durmir tranquilas onde nos pete . Se tes sono, firma aquí.Se tes soños, tamén.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome e apelidos *
DNI *
Calquera comentario que queiras  compartir
Grazas por participar, estaremos en contacto para compartir sono e sonos
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy