SATURNALIAS
UNHA PRÁCTICA DE MOVEMENTO CON ESTHER LATORRE, SYBILA GUTIERREZ E FRAN MARTÍNEZ

Saturnalias é unha práctica de movemento libre baseada na xornada do entroido e no xuicio das apariencias, temática que traballou a compañía e os seus intérpretes para a creación da TABÚ.

A práctica está dividida en tres bloques, interconectados entre sí, nos que Sybila Gutiérrez, Fran Martínez e Esther Latorre –intérpretes e creadoras da peza– guiarán secuencias de acción e investigación individuais e grupais procurando un conxunto de vivencias colectivas que aproximen a cada participante a habitar algún novo corpo.

Prégase ás asistentes acudir con algún complemento externo (perrucas, plumas, gafas...) que poidan servir de inspiración nesta festa do entroido.


> venres 29 de 17 a 19.30 horas no Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña, Rúa Franja, 14, 15001.

> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida ao alumnado do Conservatorio e persoas externas que se sintan chamadas pola proposta.

> inscricións abertas dende o 20 de abril

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome completo *
O teu correo electrónico *
O teu teléfono de contacto *
Gustaríanos saber algo sobre ti e sobre a túa motivación para participar nesta actividade *
Tes pensado asistir á función de "Tabú" de Colectivo Glovo dentro do marco do Festival Primavera TRCDanza o sábado 30 de abril ás 20.30h no Teatro Rosalía de Castro? *
Queres comentarnos algo máis?
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy