Inscrición campamento verán CEIP Isidro Parga Pondal
CAMPAMENTO XOGA E COOPERA 2022


Un ano máis animámosvos a participar no campamento de verán XOGA E COOPERA que organiza a Asociación Deportiva As Mariñas xunto coa  ANPA Bidueiro durante a última semana de xuño e  as tres primeiras semanas de xullo no CEIP Isidro Parga Pondal. Durante este mes de campamento tentaremos encher o tempo libre dos rapaces e rapazas da forma máis proveitosa e divertida. Para iso temos preparadas: excursións, saídas á praia e ao monte, actividades artísticas, lúdicas, deportivas e teatrais procurando manter sempre un equilibrio entre a diversión, aprendizaxe, sostenibilidade e traballo en equipo.

A hora de entrada será ás 9 da mañá de luns a venres aínda que a partir das 8:00h. Tamén haberá un servizo de madrugadores (almorzo non incluído). A saída será ás 14:00h. agás para quen utilice o servizo de comedor que poderán estar ata as 16:00h.

*No caso de que non teñamos o número mínimo de alumnado (20) nalgunha das semanas ofertadas, non se realizará esa semana de campamento. Ocorre o mesmo no caso de que non se alcance un número mínimo de alumnado para o servizo de comedor. En calquera dos casos contactaremos coas familias para informar o 31 de maio e 1 de xuño do 2022.

*Estamos á espera da confirmación por parte da Inspección do Servizo Territorial da Xunta de Galicia, do permiso para uso dos espazos do CEIP. No caso de que finalmente non nos permitan utilizar ditos espazos non se levará a cabo o campamento.

CONDICIÓNS XERAIS E REQUISITOS DE ADMISIÓN

Inscricións online a partir do 19 de maio ás 00:00h.
O prazo segue aberto mentres non se agoten as prazas dispoñibles.
 

Dirixido a todo o alumnado das etapas de Educación Infantil e Primaria. Tratarase de agrupar os educandos por idades o máis próximas posibles.

Fecha do campamento: do 28 de xuño ao 24 de xullo do 2022.
        - Semana do 27/06/2022 ao 01/07/2022.
        - Semana do 04/07/2022 ao 08/07/2022.
        - Semana do 11/07/2022 ao 15/07/2022.
        - Semana do 18/07/2022 ao 22/07/2022.

Dirección del campamento: CEIP Isidro Parga Pondal, Rúa do Saber, Oleiros (A Coruña).
Ponte en contacto con nós no: (34) 681002182 ou escribe ao agrupacionasmarinhas@gmail.com

PREZOS:

    Semanal: 60€
    Semanal con comedor : 90€
    Semanal con madrugadores: 70€
    Semanal con comedor e madrugadores: 100€
 
    Día solto: 14 €
    Día solto con comedor 21€
    Día solto con madrugadores 16,50€
    Día solto con comedor e madrugadores 23,50€

* Seguro incluído


DESCONTOS:

    Socios da ANPA 5%
    Desconto en irmáns 5%
    Varias semanas 5%
    Inscricións anteriores ao 31 de maio veranse reducidas nun 5%.

* Estas reducións son acumulables e aplicables (non así en días soltos) sobre os prezos anteriormente establecidos.


Ingreso de cartos: do 02 de xuño ao 26 de xuño o 50%. O outro 50% antes das semanas nos que este inscrito/a o alumno/a do campamento. Pódese facer nun pago único antes do 26/06/2022.
Nº Conta Banco Santander: ES63 0238 8114 3906 0324 5156
TITULAR DA CONTA: ADC AS MARIÑAS
IMPORTANTE: En Concepto ten que poñer ISIDRO e apelidos e nome do neno/a.
Se son varios irmáns pode facer un único ingreso.

Prazas limitadas
Respectarase a orde de inscrición e darase a seguinte preferencia:

1º socias/os ANPA,
2º alumnado do centro non asociado á ANPA,
3º resto solicitudes


Insistirase na responsabilidade dos pais á hora de traer aos fillos. Neste sentido As Mariñas confía en que as familias cumpran coa súa obriga, en caso de que algunha familia incorra  en algunha  irresponsabilidade, As Mariñas non se pode facer responsable, xa que pola nosa parte executaremos todas as medidas indicadas polas autoridades competentes.
 

De igual xeito, a ANPA do CEIP Isidro Parga Pondal e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, non terán ningún tipo de responsabilidades, xa que non son organizadores deste evento, a ANPA só fará de enlace entre As Mariñas e as familias asociadas, e a Xunta só deixa as súas instalacións, deste xeito o nivel da súa implicación neste campamento é só de colaboración.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome do/a alumno/a *
Apelidos do/a alumno/a *
Curso escolar *
Idade do/a alumno/a *
¿É socio/a da ANPA? *
Nome do pai/nai ou titor/a *
Apelidos do pai/nai ou titor/a *
Correo electrónico da pai/nai ou titor/a *
Confirmación do correo electrónico (repíteo) *
Número de teléfono do/a nai/pai ou titor/a *
Outro número de teléfono de contacto *
Autorización de recollida 1(NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI)
Autorización de recollida 2(NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI)
Autorización de recollida 3(NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI)
Autorización de recollida 4(NOME E APELIDOS DA PERSOA AUTORIZADA + DNI)
¿Qué semanas asistirá? (Marca as semanas nas que participará, inclúe descontos)
¿Quere asistir días soltos? (Marca os días nos que participará, os descontos non son aplicables)
¿Vai ser usario/a do comedor? *
¿Vai ser usuario/a de madrugadores (non inclúe almorzo)? De ser así indique a hora aproximada de entrada. *
¿Ten alerxias?
¿Ten algunha restricción alimentaria?
Requisitos para participar: Ausencia de enfermidade e síntomas compatibles con Covid-19 (febre, tose, dificultade respiratoria, molestias, diarrea ...) ou calquera outro síntoma infeccioso. *
Como pai/nai/titor-a da/o alumna/o que queda inscrita/o no campamento disfruta y aprende realizada pola Asociación Deportiva As Mariñas, autorizo ás decisións médico-quirúrxicas que no caso de urxencia fose preciso adoptar baixo a dirección facultativa pertinente. Esta autorización é extensiva a todas as actividades programadas: sendeirismo, xogos... Son coñecedor/a tamén de que si o meu fillo ou a miña filla causa algún destrozo terei que asumir os gastos pertinentes, e de que se comete faltas graves será enviado/a á casa sen devolución dos cartos. *
Como pai/nai/titor/a da alumna/o que queda inscrita/o no campamento organizado pola Asociación Deportiva As Mariñas, autorizo a facer uso do material fotográfico e audiovisual das actividades que se leven a cabo durante neste período. As imaxes poderán ser usadas para uso interno en memorias e proxectos da Asociación Deportiva As Mariñas, difundir esta actividade na páxina web (www.anpabidueiro.es) e redes sociais da entidade. A Asociación Deportiva As Mariñas comprométese a que a utilización destas imaxes respectará a normativa en materia de protección de datos, imaxe e protección xurídica da/o menor. *
Asino e envío a inscripción na data *
MM
/
DD
/
YYYY
Para cumprir coa nova Lei de Protección de datos e que os teus datos estean a salvo, debes ler e aceptar a Política de privacidade reflectida na seguinte ligazón http://asmariñasadc.com/politica-de-privacidade/ *
Required
En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e os seus regulamentos de desenvolvemento, a Agrupación Cultural As Mariñas, informalle que aos datos de carácter persoal proporcionados, quedarán incorporados os nosos ficheiros para o seu tratamento automatizado, coa finalidade de prestar os nosos servizos. Os datos recollidos son almacenados baixo a confidencialidade e as medidas de seguridade legalmente establecidas. Poderá exercer os dereitos de acceso, cancelación, oposición e rectificación, a través do enderezo de correo electrónico agrupacionasmarinhas@gmail.com, persoalmente nas nosas oficinas ou mediante comunicación escrita acompañada da copia do seu documento nacional de identidade dirixida a Agrupación Cultural As Mariñas, calle Luís López Casanegra nº5 Bajo izq, 15009 ( A Coruña)
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy