Que queremos acoller no noso teatro en 2023?

Por terceiro ano consecutivo é que activamos o exercicio de curadoría colectiva dentro do proxecto de Programación Expandida do TRC Danza. Continuamos dándolle espazo aos público(s) no proceso de toma de decisións do teatro, con este convite aberto para propoñer unha aproximación ao posible programa anual de danza do Teatro Rosalía de Castro no 2023. 

Neste proceso colectivo, atravesaremos algunhas pezas, tanto galegas como do territorio nacional, que sobrevoan a posible programación que prepara o director do teatro, Paulo Rodríguez. A vontade deste proceso é a de analizar, sopesar e fundamentar de xeito colectivo a selección dalgún dos traballos que formarán parte do programa 2023, nun exercicio de curadoría colectiva entre o público de danza do noso teatro e a comunidade artística local; miradas diversas, que se relacionan coa danza dende sitios distintos. O obxectivo deste proceso é o de construir xuntas un horizonte do que queremos acoller no noso teatro o vindeiro ano.

Coma vén sendo habitual, esta iniciativa ocorre en diálogo co Taller de Público(s) que dende 2018 mantemos activo acompañando cada unha das propostas artísticas que visitan o noso teatro. Para nós, conseguir a continuidade deste exercicio de curadoría colectiva é un xeito de seguir afondando no campo da investigación e da crítica para as persoas que se achegan ao noso programa, creando un punto de encontro entre público(s) e artistas locais, un espazo de diálogo coa comunidade da danza arredor do que acontece no teatro da cidade. Orgullosa deste noso teatro, que cada vez se abre mais á cidadanía. 


Calendario

Esta experiencia exténdese ao longo de tres sesións e, ás que vos convidamos emocionadas: 

  • sábado 8 de outubro de 10h a 13h 

  • sábado 15 de outubro de 10h a 13h 

  • sábado 22 de outubro de 10h a 13h  

*Aínda que non é obrigatorio, agradecemos o compromiso de asistencia a todas as sesións, para favorecer a dinámica e continuidade do grupo. 

Será un pracer compartir esta experiencia contigo!


يمكنك تسجيل الدخول إلى Google لحفظ مستوى التقدم. مزيد من المعلومات
عنوان بريد إلكتروني *
Nome completo *
O teu teléfono de contacto *
Gustaríanos saber algo sobre ti e sobre a túa motivación a participar nesta actividade
*
En qué sesións poderías/che gustaría participar? *
مطلوب
Tes algunha suxerencia ou achega?
إرسال
محو النموذج
عدم إرسال كلمات المرور عبر نماذج Google مطلقًا.
لم يتم إنشاء هذا المحتوى ولا اعتماده من قِبل Google. الإبلاغ عن إساءة الاستخدام - شروط الخدمة - سياسة الخصوصية