O RETO DA SOIDADE | Novos enfoques dende a creatividade e a cultura


SOIDADE é un proxecto de exploración interdisciplinar sobre o fenómeno da soidade na sociedade do século XXI, con sesións de deseño colaborativo (coa metodoloxía creativa do Design Thinking) de ideas e propostas de intervención.

Preténdese abordar desde o plano cultural, artístico ou de deseño esta problemática social, mudando o enfoque asistencialista, para permitir unha reinterpretación desde outras ópticas máis creativas e atendendo a outras realidades, convidando para iso a persoas de distintos ámbitos a sesións de traballo creativo.

O vindeiro mércores 18 de decembro celebraremos en Compostela (centro cívico do Ensanche, na rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16) unha destas sesións, que nos permitirá reunir ideas e prototipos que máis adiante se compartirán nun foro en liña aberto e dispoñible na web.

SOIDADE está inspirado en proxectos de participación cidadá e innovación social que se están a desenvolver noutras partes do mundo, onde a participación activa de diferentes colectivos en xornadas de deseño permite unha visión máis ampla e unha exploración de solucións máis innovadoras.

Promovido por Xeneme Intervención Social, conta co apoio de BenCuriosa e co patrocinio da Deputación da Coruña neste 2019. Trátase da continuación dun proxecto de innovación social nacido no CoLab, laboratorio de innovación cidadá da Coruña en 2017.

Para participar só é preciso achegarse coa mente aberta e con ganas de compartir ideas arredor desta temática.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome e apelidos *
Cal é a túa motivación e/ou vinculación profesional para participar neste proxecto?
O desenvolvemento do proxecto será rexistrado en vídeo e fotografías. Se non queres saír nas fotografías e vídeos públicos, por favor, simplemente fáinolo saber. Moitas grazas! *
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy