Inscrición "LP3" 2021
Poderán participar todas aquelas bandas ou solistas con compoñentes con idades superiores aos 16 anos sempre que polo menos un compoñente do grupo estea empadroada/o no Concello de Pontevedra.

As persoas compoñentes dos grupos menores de idade afirmarán ter o consentimento de pais/nais ou titores no momento de inscribirse. En caso de resultar seleccionadas/os solicitaráselles unha autorización formal, firmada e por escrito.

Debido ás medidas de seguridade derivadas da COVID-19 o número máximo de persoas integrantes do grupo é de 5. De ser máis persoas non poderían gravar todas a actuación en directo dentro das instalacións do Local.
 
A matrícula da formación será totalmente GRATUÍTA. De todas as inscricións escolleremos a 4 bandas/artistas.

Pre-Inscrición: Até o 7 de marzo de 2021 ás 23:59h.
Selección: 8 de marzo de 2021.
Sesión inicial grupal: 9 de marzo de 2021
Mentorizacións: 10 a 25 de marzo de 2021.
Gravacións das cancións: Do 6 de abril ao 14 de maio (No Local)
Concerto en streaming: Data por anunciar

_
Antes de enviar:
**LEE E REVISA BEN OS CRITERIOS NA WEB ANTES DE FACER A INSCRICIÓN

https://blog.localdemusica.gal/lp3/

**Revisa a DISPOÑIBILIDADE real para as datas.
__
O formulario solicitará os datos principais do grupo e dos seus compoñentes. Procura que todos estén correctos. As solicitudes incompletas ou con informacións incorrectas non se admitirán. Todos os datos solicitados marcados cun * son obrigatorios.

Recomendámosche que leas as bases/condicións completas. Se tes dúbidas podes poñerte en contacto co Local de Música polos medios habituais.

OFICINA: 986 856 573
WhatsApp: 639 98 66 52
MAIL: localdemusica@gmail.com
R/ Otero Pedraio, s/n. 36003. Pontevedra (Ao carón de Vialia)
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome da banda ou solista *
Nome e apelidos da persoa representante *
Email *
A poder ser, que funcione. Non o do spam.
Email - repite *
De verdade, que funcione que é para info importante.
Teléfono/s de contacto *
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This form was created inside of XENEME. Report Abuse