CARLOS LOSILLA. OBRADOIRO SOBRE O CANON CINEMATOGRÁFICO. UNHA IMPUGNACIÓN
XOVES 16 | 16.30 a 19.30 h | ZONA C

Carlos Losilla lanza un órdago fronte ao canon tradicional do cinema. Pregúntase por que teimamos en contar a historia do cine nun sentido lineal e progresivo, cando sabemos que as películas máis ben se amorean e mesturan nas nosas lembranzas.  

E convídanos a ir máis aló: pódese pensar en abolir esa historia, ou imaxinar unha antihistoria, para demostrar que son as películas que aínda non vimos as que influirán decisivamente á hora de reinventar as que vimos na nosa infancia? 

Neste obradoiro, Losilla propón trocar unha historia do cinema por un relato do mesmo, é dicir, abandonar o gran discurso totalizador por unha ollada máis fragmentaria, transversal e melancólica.

Hai vinte prazas dispoñibles para esta actividade que se desenvolverá o xoves 16 de novembro, de 16.30 a 19.30 horas na Zona C. 

Faite coa túa praza!
Email *
Carlos Losilla
Nome *
Apelidos *
Data de nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Teléfono *
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy